Saltar ao contido

Peseta peruana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peseta peruana †
Anverso
Reverso
Ámbito: Perú.
Fracción:½ real (= ¼ peseta)
Moedas:1 peseta e 5 pesetas
Emisor:Banco Central de Reserva do Perú

A peseta peruana foi unha unidade monetaria da República Peruana emitida entre os anos 1880 e 1882, durante a Guerra do Pacífico.

A peseta peruana tiña como moeda divisionaria o real, de maneira que dous reais equivalían a unha peseta. Pola súa banda, cinco pesetas equivalían a un sol, co que coexistiu e que acabou impóndose como un idade monetaria do país.[1]

A Casa da Moeda de Lima emitiu en 1880 moedas de prata cos valores faciais dunha peseta e de cinco pesetas.[1][2][3]

Pola súa banda, a Casa da Moeda de Ayacucho emitiu moedas de cinco pesetas en 1881 e 1882, e moedas divisionarias de medio real (un cuarto de peseta) datadas en 1882.[1][2][4]

Caracterización

[editar | editar a fonte]
Moedas de 5 pesetas e dunha peseta de 1880, cuñadas en Lima.

As tres moedas emitidas comparten deseño, á marxe de pequenos detalles motivados polo seu tamaño e a disposición dalgúns elementos. O deseño de ambas as súas faces débeselle a Robert Britten.[1]

  • Anverso: busto feminino a modo de representación alegórica da República Peruana, ollando cara á esquerda, rodeado pola lenda PROSPERIDAD Y PODER POR LA JUSTICIA, coa data no exergo.[1]
  • Reverso: escudo nacional rodeado pola lenda: REPUBLICA PERUANA / marca de ceca [LIMA ou AYACUCHO] / 9 DECIMOS FINO. Valor facial en letra no exergo [CINCO PESETAS ou UNA PESETA ou ½ REAL].[1]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Peru • Peseta (1880-1882)". Numista.com
  2. 2,0 2,1 De la Puente, P. (2015) "Lima y las otras cecas en los 450 años de la Moneda Peruana". En Moneda, Nº 164 (decembro). Páxinas 42-44.
  3. Contreras Carranza, C. (Ed.) (2020). Páxina 453.
  4. Contreras Carranza, C. (Ed.) (2020). Páxina 475.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]